Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arealonga e Campito lideran a Liga Galega Sur

RR_Noticias

O fútbol sala de Chapela está no máis alto da táboa logo de que tanto Arealonga como Campito se impuxeran a Tui Futsal e Lume, respectivamente. O lado amargo do fútbol sala local é o do Redondela FS, que aínda non conseguiu sumar ningún punto lodo da derrota ante A Quinta de Tui. O sábado disputarse o primeiro derbi local da temporada co Arealonga – Redondela.

Liga Galega Sur
Tui Futsal 1-5 Arealonga
Lección de fútbol sala do Arealonga en Tui, onde arroupados por boa parte da súa afección conseguiron golear aos anfitrións. Os tres puntos serven ao equipo de Chapela para seguir como líderes do grupo. E o próximo sábado protagonizarán o primeiro derbi local, xa que reciben ao Redondela F.S.
Campito 8-6 Lume Bamboo
Os de Fran Amoedo impuxéronse nun intenso partido ao Lume Bamboo, un rival duro que en todo momento deu a batalla aos redondeláns. Os do Campito conseguiron manter a vantaxe e seguen como líderes empatados con Arealonga e Cereixa. O sábado xogan na pista da Quinta de Tui.
Redondela F.S. 5-6 A Quinta de Tui
Terceira derrota consecutiva do equipo redondelán, que aínda non foi quen de sumar ningún punto neste inicio de liga. Apertado marcador nun encontro entre dous equipos que se coñecen e presentan estilos de xogo ben definidos. O Redondela FS tentouno, e conseguiu sorprender nos instantes finais do encontro co porteiro xogador en campo e acurtar distancias cando A Quinta de Tui xa controlaba o partido, pero non foron quen de conseguir a igualada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará