Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSdeG reclama a senda verde de Chapela polas vías do tren

RR_Noticias

Na parroquia de Chapela hai poucas zonas de esparcemento, unha razón que levou a todos os grupos da corporación a aprobar no 2011 por unanimidade a creación dunha senda verde nas antigas vías que percorren o casco urbano de dita parroquia, un proxecto que tamén contou co apoio do Consello Parroquial. Catro anos despois de que así se acordase en pleno a proposta segue sen materializarse e dende o PSOE urxen ao goberno a que dean pasos nese sentido.

A senda verde suporía a peatonalización das vías coa creación dunha zona verde de 30.000 metros cadrados no centro de Chapela que melloraría as comunicacións entre as dúas zonas da parroquia, a alta e a baixa, actualmente separadas pola vía”.
A Asociación de veciños leva tempo denunciando o estado de abandono e a proliferación de lixo nas antigas vías, xa que a zona é utilizadas para depositar as ramas procedentes da poda dos magnolios da Avenida de Vigo. Limpar o lugar e crear nese traxecto unha zona verde que serva de zona de esparcemento para os veciños é unha necesidade urxente ao entender do partido socialista que demanda que se leve á práctica o acordo adoptado en sesión plenaria.
Por ese motivo a edil socialistas Leticia González reclama “o cumprimento do acordo sobre a senda verde para que non quede no esquecemento como aconteceu con outros proxectos, nomeadamente o Centro de Día en Trasmañó”. Engade que “as reclamacións da veciñanza como a senda verde teñen que ser atendidas e non ignoradas polos populares”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará