A Concellería da muller convoca hoxe martes ás 19.30 horas unha concentración contra á violencia de xénero co obxectivo de aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller é cousa de todos. Unha iniciativa do Consello Municipal da Muller co que se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.
O acto, que se desenvolverá o vindeiro martes 13 de outubro na praza do Concello ás 19.30 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, da Asociación de mulleres Agarimo de Chapela. Gardarase un minuto de silencio e procederase á colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello.