Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bárbara Iglesias, obxectivo Corea 2018

RR_Noticias

Esta moza de Arcade practica bobsleigh, unha modalidade moi pouco coñecida na nosa contorna e da que ela é pioneira en España. Comezou neste deporte de inverno “por casualidade” e xa competiu a nivel internacional. O seu soño é poder competir nas Olimpíadas de Corea 2018, ou cando menos abrir camiño para que futuras xeracións poidan practicar este deporte.

Máis coñecido en Galicia pola película dos xamaicanos “Cool runnings” (Elixidos para o triunfo), o bobsleigh é un deporte olímpico de inverno, unha modalidade de descenso cunha especie de trineo por unha pista de xeo. Esta veciña de Arcade, de tan só 23 anos, chegou a este deporte “por casualidade”. Practicaba descenso de carrilanas, e coñeceu ao asturiano Javier Piquero, adestrador agora do seu equipo. El foi quen lle propuxo embarcarse nesta aventura e formar o primeiro equipo de bobsleigh feminino de España, xunto coa súa compañeira Noemí Pérez. Polo camiño tiveron que salvar unha chea de dificultades, comezando por que vive a máis de 1.700 quilómetros da pista máis próxima, en Francia. Con poucos cartos e pouco apoio, por tratarse dunha modalidade descoñecida en España. Malia os problemas e a falta de medios, xa puido participar en varios campionatos en Winterberg ou Altenberg, en Alemaña, e Igls, Austria. Iso si, nunhas condicións “moito máis limitadas” que a doutros equipos, que dispoñen de máis medios para adestrar, equipo de mecánicos e material máis moderno. Pero Bárbara non se queixa, aproveita ao máximo os seus limitados recursos e agradece a colaboración do Concello de Soutomaior e a Deputación de Pontevedra. Aínda que polo momento o equipo feminino español non pode competir coas grandes potencias do deporte como Canadá ou Estados Unidos, si esperan poder participar nunhas olimpíadas. A próxima cita son os Xogos de Inverno 2018 en Pyeongchang, Corea. Para Bárbara o reto “é posible”, sempre e cando conten co apoio da Federación Española de Deportes de Xeo. Para poder estar “ao nivel” que esixe esta competición, o equipo debería competir “en todas as probas que se celebren” ata esa data, e mellorar o material co que traballan, xa que o seu “bob” é moi vello, e os modelos actuais “teñen mellor aerodinámica”. Bárbara, optimista e chea de forza, soña con poder representar a España nesta modalidade olímpica, ou cando menos “abrir camiño” para que as xeracións futuras “non o teñan tan difícil” para practira bobsleigh. Traballo e ilusión non lle faltan. Bárbara tamén é a protagonista do documental O tempo futuro, que plasma na pantalla a ardua loita desta moza polo bobsleigh feminino en España e o seu tesón por facerse un oco neste deporte. Obra da produtora Y la nave va, está dirixo por Xoan Escudero, xunto ás produtoras Analía Alonso e Sika Lamas.  

Bárbara Iglesias piloto de bobsleigh
Esta moza de Arcade comezou neste deporte de inverno de xeito casual.
Tesón fronte ás dificultades
Malia a falta de recursos e as dificultades Bárbara salienta o lado positivo de competir a alto nivel.
PyeonChang 2018
O seu soño é participar nos Xogos Olímpicos de Corea para o que precisan do apoio da Federación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará