Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O instituto de Soutomaior contará con 16 unidades

RR_Noticias

O alcalde de Soutomaior Agustín Reguera asegura que o novo centro educativo disporá de doce unidades de secundaria ás que se engadirán outras catro de Bacharelato.  Sae así ao paso das críticas de BNG e PSOE quen denunciaron días atrás que o proxecto da Xunta contemplaba tan só doce unidades co que dificilmente se poderían cubrir as necesidades do municipio. O rexedor local afirma que Educación reformará o proxecto inicial para incluír as 16 unidades.

Reguera asegura que o proxecto de instituto, que se prevé construír nunha parcela de 23.000 metros cadrados nas inmediacións do cemiterio de Arcade e que contará cun investimento de 5 millóns de euros, será reformado para dar cabida a un total de 16 unidades, as doce inicialmente previstas por Educación para albergar ao alumnado de secundaria ás que se engadirán catro unidades máis para bacharelato. Engade Reguera que nada máis coñecerse o proxecto e logo de estudalo con detemento reuniuse co secretario xeral de Educación para negociar a modificación para incrementar o número de unidades.
Deféndese así Reguera das críticas dos grupos da oposición quen cualificaron o proxecto de fraude para os veciños da localidade. O BNG elevou incluso esta cuestión ao parlamento galego a través dunha moción na que reclaman que o futuro centro conte cando menos con 20 unidades, por entender que son esas as necesarias para cubrir as necesidades dos veciños de Soutomaior e dar cabida ao alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará