Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carapuchiña Vermella pásase ao musical

RR_Noticias

EducaTeatro Producións estrea este domingo no Multiusos o musical “Carapuchiña Vermella”, unha nova proposta coa que a compañía redondelá espera repetir o éxito do seu anterior espectáculo, Os tres porquiños, co que percorreron toda a xeografía galega. Os pases do domingo serán ás 17:00h e ás 19:00h e as entradas anticipadas xa están á venda a un prezo único de 6€ en Mandamamá. De non esgotarse, tamén se poderán conseguir no Auditorio o mesmo día a partir das catro da tarde.

A compañía redondelá EducaTeatro Producións estrea este domingo na vila dos viadutos o seu novo espectáculo musical “Carapuchiña Vermella”. Unha adaptación do clásico dos Irmáns Grimm que moderniza a historia e os personaxes do conto e introdúcelle unha banda sonora orixinal composta por sete cancións. A elección deste conto, explica o productor do espectáculo Xandre Vázquez, veu determinado pola presenza do lobo “gústanos desdramatizar a figura do lobo, por iso na adaptación sempre lle damos un xiro a ese personaxe”. A proposta que se poderá ver o domingo mestura teatro de actor con manipulación de corpóreos e voz en directo. Catro actores que dan vida a sete personaxes acompañados dunha parte musical que pretende transmitir aos máis pequenos valores como a ecoloxía e a igualdade, ao mesmo tempo que ensina a reciclar ou as profesións. Unha obra pensada para rapaces a partir de dous anos. A duración da peza é de 50 minutos, e ao final da función, os cativos poderán sacar fotografías con Carapuchiña, a avoa, o leñador e, os máis valentes, tamén co lobo. “Carapuchiña Vermella” é o segundo traballo de EducaTeatro Producións, que se fraguou, ao igual que o seu primeiro traballo, A colaboración por parte do Concello de Redondela permitiu que os ensaios -que tiveron unha duración de mes e medio- se realizasen no Multiusos da Xunqueira, polo que a estrea na vila non é casual. Unha estrea que aplauden dende a Concellería de Cultura, cuxo responsable, Xabier Alonso amosaba a súa satisfacción porque unha empresa local “poña en marcha un proxecto cultural con visos de éxito”. Especial fincapé fixo na necesidade de apoiar a todas as persoas que están detrás desta iniciativa “que están loitando pro converter a súa vocación nunha profesión”. Concluía insistindo na necesidade de apostar pos estas iniciativas “que xeran riqueza e emprego”. Boa parte do equipo que traballou no proxecto, e que supera as 20 persoas, está afincada en Redondela, entre eles o seu director, Luís Crespo, que xestiona o Festival Internacional de Títeres; o escenógrafo e artista Pablo Giráldez “Pastor”; e o actor Paulo Medal. Trala estrea en Redondela, o musical comezará unha xira que só nos meses de novembro e decembro percorrerá máis de 12 localidades. As máis próximas xeograficamente serán Baiona e Ponteareas, onde recalará o sábado 7 e o domingo 8 de outubro, respectivamente. A Vigo chegará o 29 de novembro, e a Pontevedra, o 20 de decembro.  

Xandre Vázquez EducaTeatro
Unha Carapuchiña musical que se estreará o domingo
Para todas as idades
Establece o límite nos 2 anos
O lobo
Desdramatizar unha figura recorrente na literatura clásica
Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Amosa a súa satisfacción porque a obra se estree en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará