Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello intensifica a vixilancia pero confía en que a feira discorra con normalidade

RR_Noticias

O concelleiro de feiras e mercados, Jesús Crespo, confirma que se incrementou a presenza policial na feira que se está a celebrar dende primeira hora da mañá de hoxe no centro de Redondela para evitar que se repitan os altercados do pasado venres en Cangas con enfrontamentos entre os xitanos galegos e zamoranos. Con todo, a coincidencia da feira de Redondela coa que semanalmente se celebra no barrio vigués de Coia fai prever que moitos dos implicados non acudan ao mercado redondelán.

Crespo asegura que dende primeira hora da mañá, as patrullas da policía están a vixiar o mercado para previr posibles altercados. O concello está alerta logo de que a pasada semana se producira un novo enfrontamento entre xitanos galegos e zamoranos en Cangas que deixou seis feridos. A tensión segue entre os dous clans de comerciantes, un conflito que ven de lonxe aínda que en Redondela está “practicamente controlado grazas a existencia dun regulamento no que se establece a titularidade individual dos postos co cal se evita que estean en mans de cooperativas que poidan negociar e lucrarse ilegalmente con eles” en referencia ás prácticas de Sinaí Jiménez, un dos principais implicados en todos os altercados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará