O conselleiro de vicepresidencia Alfonso Rueda, visitou esta mañá Redondela para facer entrega ao Concello dun novo coche para a Policía Local. Trátase dun Citroen Cactus rotulado que os axentes utilizarán para patrullar ou realizar viaxes oficiais. O coche foi recibido polo alcalde de Redondela, Javier Bas, tras asinar un convenio de colaboración para a súa cesión.
O rexedor amosouse moi satisfeito con esta cesión, que mellora a mobilidade dos axentes redondeláns. Rueda destacou a importancia da colaboración e da cooperación entre Administracións, especialmente cando se trata de ofrecer un mellor servizo aos cidadáns en materias tan sensibles como as emerxencias ou a seguridade cidadá. Con este novo coche a policía redondelá conta xa cun total de 5 vehículos, co que segundo o concelleiro de Interior, Arturo González, as necesidades para a realización dos servizo quedan totalmente cubertas. A Xunta de Galicia fará entrega dun total de 50 vehículos en toda a Comunidade. Estas cesións forman parte dun programa de axudas da Vicepresidencia, cuxo obxectivo era adquirir vehículos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes para os seus corpos de policía local.