Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“O Furancho” de Ibuprofeno teatro chega a Redondela

RR_Noticias

“Canto drama e como nos rimos”, esta é a acertada análise que un espectador lles deixou ás actrices protagonistas de “O furancho”, unha obra de Ibuprofeno Teatro que este sábado se poderá ver no Multiusos da Xunqueira enmarcada dentro do programa do Outonoteatro da Concellería de Cultura. As entradas xa están a venda ao prezo de 5 euros para o público en xeral, 3 euros xubilados e estudantes.

Marián Bañobre e Isabel Risco son as dúas protagonistas deste furancho que instalarán as súas mesas no escenario do Multiusos o vindeiro sábado. O humor e os diálogos rápidos son as ferramentas empregadas por estas dúas furancheiras para trasladar ao espectador unha particular análise da realidade actual, con referencias a esa loita de moitas mulleres por poñer en marcha un negocio, as dificultades ás que teñen que enfrontarse e os atrancos que teñen que superar. Una obra a cargo dunha compañía, Ibuprofeno Teatro, formada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, dous profesionais que despois de anos de traxectoria en numerosas compañías galegas e foráneas promoven en 2010 o seu propio selo de produción para emprender proxectos teatrais dun xeito persoal e independente, nos que poidan integrar a escrita dramática no mesmo proceso de creación e posta en escena dos espectáculos.  

Marián Bañobre actriz
Fálanos do argumento da obra
Unha comedia para a reflexión
Risas pero tamén drama

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará