Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballos de reforestación e prevención de incendios forestais no Viso

RR_Noticias

A Comunidade de Montes de O Viso está procedendo a realizar diferentes traballos en masas forestais de cara á prevención de incendios. Os presentes traballos de silvicultura preventiva contan cunha axuda da Consellería de Medio Rural e consisten en rozas de penetración con desmesta de masa de piñeiro no monte Cabaleiro, roza e talla de formación en masa de frondosas no Outeiro Grande e rozas e desmestas de rexenerados naturais de piñeiro do país no monte Espiño. O obxectivo destes destas labores vai encamiñado a crear roturas na continuidade da vexetación para minimizar o risco de incendios forestais, ademais do notable melloría que supón para o desenvolvemento e consolidación das masas arboradas.

Proximamente os comuneiros do Viso tamén realizarán melloras de carácter recreativo, dotando ao miradoiro do Outeiro Grande dun maior número de mesas e bancos para que os veciños poidan disfrutar deste espazo de lecer característico polas importantes vistas sobre a Ría de Vigo e a espazo natural da enseada de San Simón.
Por último, os comuneiros na súa preocupación polas medidas preventivas de cara ao sempre preocupante perigo dos incendios forestais, veñen de establecer recentes contactos co distrito forestal para que se estude a viabilidade da realización de diferentes traballos nos montes do Viso que pasarían pola mellora de pista forestal na zona da Nogueira ou mesmo o acondicionamento dunha balsa de auga para extinción de incendios.
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso acomete estes traballos logo de realizar con anterioridade tarefas de mantemento e limpeza de áreas de importante uso recreativo como son a área recreativa do monte da Gándara ou o miradoiro do Monte Outeiro Grande, así como da realización de limpezas de pequenas parcelas de frondosas en zonas habitadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará