Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cen novos parados nun mes nefasto para o emprego

RR_Noticias

Redondela e comarca volveron pechar o mes de outubro con números negativos en canto á creación de emprego. Un mes que deixa un regueiro de novos parados e poucas alegrías no mercado laboral. Como xa acontecerá en setembro, non hai ningún concello da comarca que se salve desta tendencia de destrución de emprego e do mesmo xeito que en Redondela, tamén Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes sofren un incremento nos seus rexistros.

O final do verán supuxo para moitos veciños o fin dos seus contratos laborais, unha situación que se constataba cos datos do paro de setembro pero cuxa tendencia prevalece tamén en outubro.
Un mes que pechou en Redondela con 51 parados máis o que sitúa o número de desempregados en 2389 persoas. É no noso concello onde atopamos a maior variación á alza sendo en Soutomaior un total de 30 persoas as que se suman tamén a estas listas do desemprego cun total de 745 persoas demandando un posto de traballo.
En Fornelos de Montes o número de desempregados inscritos ascende a 190, nove máis que no mes anterior, mentres en Pazos de Borbén o variación é tamén a alza con sete novos parados nunha lista que ascende a 392.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará