Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha charla sobre primeiros auxilios abre o ciclo “Forma-T, Prepara-T”

RR_Noticias

A Concellería de deportes organiza un ciclo de xornadas formativas nas que se abordarán cuestións como a nutrición, a comunicación deportiva e o deporte saudable. A primeira das citas será este venres 13 de outubro no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela ás 20:30 horas co entrada libre. Unha charla a cargo do doutor Vital Diéguez en torno aos primeiros auxilios.

A Concellería de deportes presenta un ciclo de actividades formativas que xirarán en torno a catro temáticas principais e que queren dar resposta a diferentes cuestións relacionadas co deporte sen estaren centradas exclusivamente nos deportistas. De feito son actividades abertas a todo o público en xeral dende deportivas e adestradores, a pais e nais ou calquera persoa que queira achegarse. A primeira das charlas terá lugar este mesmo venres en Chapela e xirará en torno aos primeiros auxilios. O concelleiro de deportes Julio Mougán explica que esta actividade nace da demanda dos propios clubs que reclamaban maior preparación de cara a atender unha eventual situación de risco. Unha primeira cita á que lle seguirán tres charlas máis nas que se abordarán cuestións como a nutrición a cargo de Luisa Fernanda Pérez Méndez, a comunicación cos xornalistas Lino Blanco e a práctica do deporte saudable, charla esta última que correrá a cargo da adestradora persoal Silvia Varela. Todas estas charlas terán como día os venres, e alternarán como escenario, o Multiusos de Chapela e Redondela.  

Julio Mougán concelleiro de Deportes
Un programa que se vai desenvolver ao longo de todo o curso deportivo
Primeiros auxilios
A primeir charla impartirase o venres 13
Catro porfesionais para catro charlas
Nutrición comunicación e deporte saudable completan as charlas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará