Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“É necesario intervir para evitar que os problemas de aprendizaxe deriven en fracaso escolar”

RR_Noticias

O 6% dos rapaces en idade escolar padecen problemas de lectura, escritura ou cálculo. Dificultades que poden derivar en fracaso escolar no caso de que non se detecte o problema e se adopte un método de aprendizaxe axeitado que corrixa a situación. De como detectar estes problemas e que ferramentas empregar para resolver as dificultades coas que se enfrontan os rapaces falará esta tarde na biblioteca de Arcade a psicóloga Johana Argüeso, nunha charla que impartirá ás 18:00 horas.

Psicóloga especializada nas áreas Social e Educativa, Argüeso explica que hai indicios que poden indicar a existencia deste tipo de problemas xa en idades temperás “por exemplo, o feito de que un neno non fale con 2 anos” con todo, engade que “non será ata os 5 ou 6 cando se poida determinar o trastorno, cando os rapaces comezan a ler e escribir e amosan problemas”. Neste sentido apunta como síntomas a ter en conta o feito de que escriba con letras de diferente tamaño nunha mesma palabra, imposibilidade para manter liñas rectas, silabear en exceso á hora de ler.. serían tan só algúns dos indicios que nos poden indicar que estamos ante un neno que padece un problema de aprendizaxe. Trátase de problemas neurolóxicos leves e selectivos que poden ser corrixidos cun bo método, continuado e eficaz de ensinanza. Por iso o máis importante é detectalo canto antes, para evitar que estes problemas deriven en fracaso escolar. Johana Argüeso abordará esta cuestión nunha charla que se impartirá ás 18:00 horas de hoxe na biblioteca de Arcade, nunha conferencia coloquio na que se dedicará un apartado específico á dilexia, problema maioritario dentro dos trastornos da aprendizaxe. Malia que se ten avanzado notablemente na detección e tratamento destes problemas aínda se producen situacións indesexables que fan que nenos con dificultades de comprensión porque lles falla a capacidade para ler ou escribir acaben etiquetados como “nenos vagos”. Na charla de hoxe todos os que o desexen poderán achegarse, preguntar e incluso consultar con esta psicóloga casos concretos.  

Johana Argüeso Psicóloga
Transtornos que afectan a capacidade do neno para escribir ler e facer cálculos
Síntomas
Adoitan detectarse aos 5-6 anos
Non etiquetar como nenos vagos
Moitas veces son rapaces con problemas de aprendizaxe

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará