Un inicio de tempada irregular que sitúa ao equipo de fútbol sala de Redondela nos postos baixos da táboa, levou a Directiva do club a tomar a decisión de relevar do posto de adestrador a Jorge Espósito, quen asumirá a difícil tarefa de manter ao equipo local no nivel de calidade e rendemento amosado na tempada pasada. O técnico será substituído por Juan Manuel Nogueira, adestrador do equipo en tempadas anteriores e que actualmente formaba parte do cadro de adestradores nas categoría base.
Vinculado ao club, Juan Manuel Nogueira asume agora a responsabilidade de adestrar ao equipo senior masculino, que milita na Autonómica Sur. Un equipo cun inicio de tempada irregular, capaz de vencer aos rivais máis fortes da categoría pero sen lograr facer fronte ao resto.
De feito, nesta mesma fin de semana era quen de gañar ao líder da categoría, O Cereixa, unha vitoria que non bastou para asegurar a continuidade de Jorge Espósito como adestrador. Relevado por Nogueira, Espósito continuará como membro da directiva e coordinador das categorías base.
A Directiva do club confía en que este cambio serva “para afianzar o bo xogo realizado polo equipo e aumente a regularidade que ata o de agora foi o seu punto feble”.