Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O billar chega aos institutos

RR_Noticias

Será en horario lectivo cando os rapaces dos centros educativos de Redondela poidan coñecer e practicar o billar grazas ao programa Educadeportivo que pon en marcha a Concellería de deportes. Pero non é a única novidade que chegará aos institutos grazas a esta iniciativa. En total catro disciplinas deportivas que non adoitas impartirse nos centros educativos e que grazas a colaboración entres os clubs de Redondela e a Concellería serán unha materia máis dentro de Educación Física. Ademais de billar, o alumnado terá a aportunidade de achegarse a petanca, o tiro con arco e o remo.

Unha iniciativa que naceu dun profesor de secundaria do instituto Illa de San Simón, Domingo Salinas, un centro pioneiro nestas actividades dando a oportunidade aos seus alumnos de practicar a vela. Unha propostas que foi recollida pola concellería que preside Julio Mougán polo seu interese para os centros pero tamén para os clubs que imparten estas disciplinas. De feito, o programa supón que o profesorado teña a posibilidade de modernizar unha educación física moitas veces centrada nas actividades tradicionais e pouco atractivas para os rapaces e, por outra banda, será un xeito de que os clubs se dean a coñecer e incrementen o número de deportistas. O funcionamento é ben sinxelo. Os institutos que así o desexen poden acceder a unha ou as catro disciplinas ofertadas, contarán cunha clase teórica e outras prácticas.  A clase práctica de petanca e tiro con arco desenvolverase no propio centro mentres que pola súas características os alumnos terán que desprazase ao Centro Recreativo e cultural de Chapela que é onde se atopan as mesas “permanentemente calefactadas” nas que se practica o billar. En canto ao remo, haberá tamén unha clase no mar. Dende a Concellería de ensino, quen tamén colabora coa iniciativa, valoran “as características pedagóxicas das modalidades elixidas” que se poderán realizar grazas a imprescindible colaboración dos clubs do municipio (o club Meigarco, o equipo de billar do Círculo de Chapela, os catro clubs de petanca e chave que funcionan en Redondela e os de Remo, tanto o de Chapela como o de Cesantes).  

Julio Mougán concelleiro de Deportes
Explica en que consiste programa educadeportivo
Beneficioso para clubs e centros
os alumnos poderán achegarse a disciplinas que están fora do curriculo
Teoría e práctica
Haberá dúas sesións de cada modalidade por centro
Teresa París concelleira de Ensino
Destaca as cualidades pedagóxicas dos deportes a impartir

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará