Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xunta e Concello estudan a elaboración dunha programación cultural estable en San Simón

RR_Noticias

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse co alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira, para estudar posibles liñas de actuación conxuntas de cara a desenvolver novas actividades o vindeiro ano na Illa de San Simón. Estas iniciativas de dinamización cultural enmarcaríanse no protocolo de colaboración asinado en marzo entre as dúas institucións para potenciar os valores culturais, ambientais e paisaxísticos das illas de San Simón e San Antón, declarados Ben de Interese Cultural (BIC).

Por outro lado, e desde o punto de vista educativo, tamén abordaron a introdución do Xadrez como materia de libre configuración autonómica na Educación Secundaria Obrigatoria, unha área pola que apostou de preto o concello de Redondela. Froito da súa experiencia, o conselleiro, o alcalde e o presidente da European Chess Union, Silvio Danailov, tamén asinaron o pasado marzo un acordo de cooperación para o intercambio de ideas e métodos para organizar o proxecto Galicia ECU que, precisamente, tiña por obxectivo promover a ensinanza de xadrez nos centros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará