Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Domingo Amoedo en Pazos de Borbén

RR_Noticias

Terá lugar na Casa veciñal de A Ermida coa colocación dunha placa conmemorativa e a plantación dunha árbore mañá sábado ás 16:30 horas. Un acto que estará acompañado pola música coa interpretación dunha peza polo seu amigo e gaiteiro Xocas. A continuación, subirase a Casa Veciñal de Pazos, onde se proxectará un vídeo sobre a vida de Domingo falecido hai un ano e celebrarase unha mesa redonda coa presenza de numerosas pandereteiras.

A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración co Concello de Pazos de Borbén, a
Asociación veciñal de Pazos, a Asociación veciñal de A Ermida e a Asociación cultural O Lecer, organiza a “I Xornada sobre o Serán. Homenaxe a Domingo Amoedo”.
Nesta primeira edición, a Xornada comezará as 16.30h coa homenaxe a Domingo Amoedo Amoedo, falecido en Decembro do pasado ano, un dos máximos artífices do rexurdimento dos seráns no inicio da década dos noventa, e figura indispensable na súa recuperación.
Esta homenaxe terá lugar na Casa veciñal de A Ermida coa colocación dunha placa conmemorativa e a plantación dunha árbore, acto que estará acompañado pola música coa interpretación dunha peza polo seu amigo e gaiteiro Xocas. A continuación, subirase a Casa Veciñal de Pazos, onde se proxectará un vídeo sobre a vida de Domingo e partir das 18h terá lugar a mesa de debate na que intervirán as pandereitas que participan do Serán: Pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, Pandereteiras de Toutón, Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de Oitavén e Pandereteiras do Lecer de Pazos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará