A Escola e Banda de Música de Chapela celebran o día de Santa Icía o sábado 28 de novembro ás 20.00 horas cun concerto no Multiúsos de Chapela. Para esta ocasión, a formación musical elaborou un repertorio especial cuxa temática xira en torno a música de lendas. Un narrador será o encargado de poñer ao público en situación lendo antes de cada peza a lenda na que os compositores se inspiraron á hora de elaborar a música. Por outra banda, a Asociación Cultural e social de Chapela organiza o domingo un desfile solidario apra recadar fondos para o refuxio de Tui. Será o domingo ás 18:00 horas tamén no Piñeiral do Crego.
A lenda do Santo Grial será unha das pezas que se poida escoitar no concerto de mañá sábado. Composta por Andrés Álvarez, director da Banda de Chapela, a música tenta plasmar a lenda do Santo Grial por terras galegas, mais en concreto no municipio de O Cebreiro. Unha peza que servirá para pechar un concerto no que previamente poderemos escoitar The witch and The saint, do compositor americano Steven Reineke e inspirada na lenda alemá das irmás xemelgas Helena e Sybilla. Waves of the Revolution, do tamén americano Sexan Ou Lounghlin, baseada na guerra de secesión americana e Ireland, of Legend and Lore, unha selección de temas irlandeses baseados na súa ampla mitoloxía e composta polo tamén americano Robert W. Smith. Desfile solidario Por outra banda a Asociación Cultural e Social de Chapela organiza un desfile de moda que se realizará o domingo 29 de Novembro as 18 horas no Multiúsos da parroquia co obxecto de recadar fondos para o refuxio de animais de Tui. Durante o desfile realizáranse varios sorteos con estupendos premios e bonos de perruquería e beleza.