A Biblioteca Municipal dedícalle unha sección propia ás súas obras entre as que destacan varios textos dedicados polo autor. Máis de 30 obras de todo tipo e para todos os públicos serven apra homenaxear a Xosé Neira Vilas, autor da obra máis vendida da historia da literatura galega, quen falecía o pasado venres os 87 anos de idade.
Para homenaxear a súa memoria, a Biblioteca Municipal “Luís Seoane” de Soutomaior creou unha exposición coas súas obras, entre as que destacan varios textos dedicados polo propio autor ao traballo da biblioteca. A exposición conta con máis de 30 obras de todo tipo e para todos os públicos. Ademais das súas clásicas obras narrativas, a selección inclúe pezas de ensaio, infantís, obras da súa muller Anisia Miranda prologadas polo e rarezas publicadas en diversos países estranxeiros.
O autor, amigo persoal de Luís Seoane, escritor que dá nome á biblioteca municipal, mesmo foi convidado pola mesma a comentar a súa principal obra dentro das reunións que o club de lectura en galego realiza mensualmente.