Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gol de Félix devolve ao Choco á boa senda

RR_Noticias

A vitoria do Choco en terras ourensás permite ao equipo non descolgarse da parte alta da táboa. Na Segunda Autonómica sendas derrotas do Choco B e o Chapela, e na Terceira Autonómica o At. de Vilar gañou ao Nespereira.

Terceira División
Barco 0-1 Choco
O extremo recibiu o esférico ó lado do súa área tras un saque de esquina do Barco e percorreu case todo o campo cunha rápida carreira. Chegou ás inmediacións da portería defendida por Alberto Conde e meteu o pase para Félix, que chegaba acompañando e bateu ao porteiro. O gol chegaba no minuto 26 do partido, e sería o da vitoria, xa que ningún outro subiu ao marcador. Un triunfo moi traballado do Choco, que pon fin a unha xeira negativa de catro partidos sen gañar. O equipo de Marcos Montes non fixo o seu mellor fútbol no campo de Os Calabagueiros, pero conseguiu ser eficaz e fíxose cos tres puntos. O Barco apertou moito e empurrou máis, sen grandes ocasións, pero con insistencia. O equipo ourensán chegou moito á área de Cortegoso pero con poucas ocasións claras. No tramo final incrementouse o acoso local, pero resistiu o Choco cunha defensa moi ben colocada, e conseguiu volver á senda da vitoria. Os redondeláns conseguen así escalar ata a 7ª praza do grupo. A próxima fin de semana reciben en Santa Mariña a un dos equipos máis febles do campionato, o Ribadumia, penúltimo clasificado.
Barco: Alberto Conde, Pablo Álvarez, Llamas, Iñigo, Omar Navarro, Rubén García, Recamán, Borja Fernández (Adil, min. 76), Rodrigo Alonso, Alves (David García, min. 56), De Dios (Diego Tato, min. 56).
Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Cristian, Lucas (Gándara, min. 14), Carminati, Alberto Suárez, Fernán (Comis, min. 63), Xosé Ramón (Rober, min. 77), Silva, Hugo, Félix.
Gol: 0-1, min. 26: Félix.
Árbitro: Saúl López. Amosou cartón amarelo a José Alves, Borja Fernández, Iñigo Sebastián, Rubén García e Diego Tato polo Barco e a Hugo, Fernán, Alberto Suárez, Comis, Gándara e Félix por parte do Choco.
Segunda Autonómica

Choco B 3-4 Alcabre
O Choco B pecou de exceso de confianza, e malia ir gañando cun marcador de 3-2 no descanso, na segunda parte o Alcabre remontou e deulle á volta ao marcador co 3-4 definitivo. O Choco ocupa a sétima praza, e o próximo domingo xoga no campo do Pereiró, equipo situado no pozo da clasificación.
Chapela 2-3 Santa Mariña
Os goles de Adrián e Isaac non foron suficientes para o Chapela, que perdeu fronte ao Santa Mariña grazas tamén a un gol en propia porta dos redondeláns. O Chapela mantén a quinta praza, e o domingo xogará no campo do S. Miguel, que é segundo.
Terceira Autonómica

Cesantes 0-0 Monteporreiro
O Cesantes segue afundido na parte baixa da táboa logo de non conseguir pasar do empate sen goles ante o Monteporreiro, pechacancelas do grupo. A próxima xornada disputarán nun interesante derbi no comarcal no campo do Arcade, segundo clasificado.
Beretes Chapela 0-7 Casablanca
O conxunto redondelán segue afundido na penúltima posición do grupo logo de sufrir unha avultada derrota ante o Casblanca. Os visitantes non tiveron que esforzarse moito, foron moi superiores a un Peña Beretes que escasamente chegou á área rival. O domingo repiten como locais, reciben ao Fortuna, pechacancelas do grupo
Nespereira 0-2 Atl.Vilar
Os redondeláns manteñen a terceira posición logo do triunfo no campo do Nespereira, e na próxima xornada xogarán no campo do Oiense, segundo na táboa e que adianta nun punto aos redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará