Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 reclaman a contratación dun equipo técnico que fiscalice as obras de ampliación

RR_Noticias

Solicitan ao concello maior axilidade na contratación do equipo técnico que debería, tal e como así se acordou na comisión de seguimento das obras, asesorar aos afectados e fiscalizar os traballos que se están a desenvolver tanto en Chapela como en Rande e Trasmañó.  Os veciños manteñen as concentración diarias ante as obras “para que non e esquezan que continuamos loitando polos nosos dereitos”. Hoxe reúnense coa candidata de Nós Candidatura Galega, Carme Adán.

Francisco Puch, representante da asociación de afectados, demanda como prioridade que as obras de reposición de servizos se fagan simultaneamente ás obras de ampliación. “O único xeito de garantir que accesos tan importantes para a parroquia como o acceso a zona da Igrexa, a subida a Mouriño, o acceso a Pasáns ou mesmo a ponte a Trasmañó queden en perfecto estado é que paralelamente as obras de ampliación se acometan os traballos de reposición”. Neste sentido reclama ao concello que axilice a contratación dun equipo técnico que asesore aos afectados e reclame tanto a Fomento como a Audasa que todos se faga en condicións. Uns afectados que continúan mobilizándose co obxecto de esixir tamén a resolución urxente dos expedientes de expropiación das vivendas afectadas aínda pendentes de valoración “por negarse Fomento a achegar ao noso avogado a documentación que lle vimos reclamando”. O colectivo manterá as protestas diariamente de luns a venres con concentracións na zona das obras entre as once e as doce da mañá. Puch amosa tamén a súa incerteza sobre a evolución dos traballos “parece un despropósito que as obras avancen na parroquia cando non se ven movementos na estrutura da ponte”. Carme Adán A cabeza de lista de Nós Candidatura Galega, Carme Adán, manterá esta tarde unha xunta cos afectados ás 18 horas para escoitar os problemas xerados por estas obras e a falla de atención por parte de Fomento. Previamente, a candidata manterá un encontro con pais e nais da ANPA do CEIP Quintela, ás17 horas e tamén en Redondela para escoitar as súas queixas.  

Francisco Puch voceiro da Asociación de Afectados
Reposición de servizos
Expropiacións
Seguen pendentes da achega de documentación
Mobilizacións
Un despropósito que se fagan obras na parroquia e non se traballe na ponte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará