Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos convoca a IV edición do premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

RR_Noticias

O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe convoca unha nova edición deste premio literario co obxectivo de honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega. O premio, cuxo prazo de presentación remata o 31 de decembro, está dotado con 2.500 euros.

Poden concorrer a este certame as persoas que o desexen cos seus poemas escritos en lingua galega. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres cunha extensión mínima de 500 versos e máximo de 800.
Para participar deberanse enviar 4 exemplares da obra mecanografados sen remite identificador ao enderezo:
II premio de poesía Manuel Lueiro Rey
Concello de Fornelos de Montes
Praza da Igrexa, 1
36847 Fornelos de montes (Pontevedra)
A dotación do premio será de 2.500 euros e o nome do gañador darase a coñecer a finais do mes de febreiro do vindeiro ano. O premio inclúe a publicación da obras gañadora en Edicións Xerais.
O prazo de presentación de obras remata o 31 de decembro.
O lucense Luís Valle coa obra “As cicatrices do sol” foi o gañador da terceira edición deste certame literario que convoca o concello de Fornelos de Montes e que é xa un referente en toda Galicia, contando en cada edición cunha ampla participación dos máis destacados poetas galegos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará