Un contedor do lixo resultou onte calcinado no centro do concello por causas que se descoñecen. O lume producíase pasadas as cinco da tarde cando un veciño alertaba á policía local de que un contedor situado na praza de Ribadavia, tamén coñecida como praza da Farola, estaba ardendo. Os axentes deron aviso ao Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento de Redondela (SES) quen desprazou o lugar un vehículo motobomba para sufocar o lume. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais.
Non é este o único incendio que se produce no casco urbano nas últimas semanas. A mediados do pasado mes de novembro tamén se producía outro lume, nesa ocasión detrás do convento de Vilavella que afectaba a un vehículo. Tamén nese caso descoñecese se o incendio foi intencionado.