Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela esixen a renovación integral da pasarela do Cubillón

RR_Noticias

Lembran que a ponte que atravesa as vías do ferrocarril na zona do Cubillón atópase “totalmente deteriorada” o que supón un risco para os centos de persoas que a usan diariamente. Critican que logo de 4 anos de reclamacións e promesas por parte de Fomento e o concello a pasarela sega a incumprir as normativas ao “carecer de ramplas de acceso, presentar escaleiras rotas e remendos con “parches” en ambos lados”. Instan ao alcalde a que faga as xestións oportunas ante Fomento e o ADIF para que se proceda a construír un novo acceso ou a arranxar de xeito integral esta pasarela.

A Asociación de veciños leva catro anos reclamando que se recupere esta pasarela e se mellore o acceso á zona do Cubillón “actualmente moi perigosos e que supoñen un risco para a seguridade dos peóns”.
Entenden que se trata dunha “cuestión prioritaria xa que son moitos os veciños que a empregan, tamén moitos nenos que a usan para acceder ao colexio Laredo” e lembran que a actual pasarela incumpre calquera normativa en canto a accesibilidade xa que é imposible o seu uso por parte de “persoas impedidas e con mobilidade reducida, cadeira de rodas, carros de compra ou coches de bebé”.
Lembran ademais que o alcalde Javier Bas prometeu xa no inicio do 2014 que había un compromiso de Fomento para realizar unha completa reforma da pasarela que garantiría a seguridade dos usuarios coa mellora tanto do firme como dos accesos e a iluminación, sen que en todo este tempo se teña realizado ningún tipo de obra nin se teña informado aos veciños de novidades ao respecto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará