Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes retrocede no tempo para lembrar os traballos perdidos do campo

RR_Noticias

A Asociación Cultural “Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy” organiza unha charla-coloquio co título “Traballos no campo”. Maiores da parroquia con moitos anos de experiencia falarán dos traballos que no pasado se empregaban para cultivar a terra e que foron desaparecendo ou modernizándose coa chegada da maquinaria. Será o sábado ás 19:00 horas no transcurso dun acto no que se entregarán os premios aos gañadores da X edición do concurso de fotografía que convoca esta asociación.

A malla, o uso do arado, os carros de bois, os cultivos, as épocas de sementes e de recollida, a elaboración do palleiros, traballos todos eles que foron mudando co paso dos anos e a chegada da maquinaria ao campo. Co obxecto de lembrar como era esta labor décadas atrás o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, seguindo co ciclo oficios perdidos,organiza e presenta á charla coloquio “traballos no campo” que se celebrará este sábado día 5 no Círculo Cultural Deportivo de Cesantes. O acto dará comezo as 19:00 horas coa presentación dun vídeo e a continuación os veciños tomarán a palabra para describir como era o traballo do campo décadas atrás. Durante o acto,farase entrega dos premios os gañadores do concurso de fotografía que organiza cada ano o Obradoiro e abrirase ó público a exposición con todas ás fotos presentadas nesta X edición, que contou cun premio especial outorgado a Ignacio Pérez Rey. A mellor fotografía ao entender do xurado foi Mestura de ondas de Marcial López Crespo. Jose Luis Oya Gayo e María Emilia Blanco Luna foron premiados na categoría de adultos mentres que os galardóns na categoría xuvenil recaeron en Pablo Carrera e Daniel Pereira Vilar. Título:Noite tenebrosa.  

Manuel Nieto Presidente Obradoiro
Os oficios peridos do campo centrarán a charla do sábado
Exposición fotografías
Entregaranse os premias aos galardoados na X edición do concurso de fotografías

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará