Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnos do colexio de Chapela crean a súa propia empresa de cosmética natural “Esencia Laredo”

RR_Noticias

Son rapaces de 10 e 11 anos que aprenderán dun xeito práctico as dificultades de erixirse en emprendedores. A iniciativa, promovida dende o centro educativo, contempla a posta en marcha dunha microempresa educativa e solidaria que a partir de maio porá en venda os seus produtos manufacturados. Unha produción de cosmética natural centrada nas colonias e os xabóns cuxos beneficios irán destinados á Asociación Amencer de familias con nenos con necesidades educativas especiais.

O proxecto promovido dende o Colexio de Laredo pretende a creación dunha microempresa educativa “Esencia Laredo” coa implicación do alumnado de 5º e 6º de primaria. Con esta iniciativa búscase potenciar o espírito emprendedor do alumnado que deberá poñer en práctica toda a teoría aprendida nas clases para que a súa empresa funcione. Os rapaces deberán asumir dende a elaboración do produto, que se fará no propio centro mediante o cultivo sostible da materia prima, especies aromáticas no horto do colexio, así como o seu posterior embalaxe en paquetes que se crearán con material de reciclaxe. Un equipo de marketing encargarase do deseño do produto e un equipo de vendas deberá darlle saía no mercado. O director do centro Abraham Domínguez asegura que o alumnado está completamente motivado co proxecto “ter un produto para vender e seren fundadores da súa propia empresa fai que os rapaces se impliquen ao comprobar ademais que a teoría que aprenden na clases ten unha aplicación práctica”. O proxecto implica tamén a outras entidades como a Asociación de Empresarios de Redondela, o BBVA ou os alumnos de Formación Profesional que se encargarán de impartir obradoiros no colexio orientados a guiar aos rapaces na súa “aventura empresarial”. Domínguez insiste en que o importante é todo o proxecto que culminará o 1 de maio do vindeiro ano coa presentación do produto final “o de menos será o número de unidades que se venda e si salientar que o recadado terá un fin solidarios” Toda a información do proxecto pódese atopar no enderezo: http://esencia.ceipdelaredo.com  

Abraham Domínguez director CEIP Laredo
Unha iniciativa que aborda todo o proceso de posta en marcha dunha empresa
Alumnos motivados
Implicados no proxecto
Obradoiros
A axuda tamén chegará dende entidades varias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará