Electrónica escura con mestura de guitarras, sensacións e sonidos místicos acompañados de letras directas e indirectas que falan de todo tipo de temas así como dunha posta en escena con tintes próximos ao teatro é o que ofrecen en cada un dos seus espectáculos. Un show que este sábado chega a Redondela cunha actuación no Centro Recreativo Cultural ás 22:00 horas. Unha proposta diferente que ten un prezo de 4 euros para os socios, cinco para os que non o sexan.
Olbap Dibasson e KK Overlord son os membros fundadores desta banda viguesa a quen se lle sumaron neste cinco anos de andaina Alex Van Pyro e Alraune Ten Brinken. Unha formación nacida en Vigo pero vencellada ao noso concello xa que unha das súas integrantes, Alraune, reside en Redondela. Atmosferas escuras e ritmos bailables é o que nos imos atopar nesta cita musical “distinta e orixinal, que de seguro nos vai sorprender” en palabras de Alraune, responsable das performances que forman parte dos directos do grupo e encargada tamén de darlle un toque teatral ás actuacións.