Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresa a Redondela o programa de música contemporánea da Rede de Músicas Soltas

RR_Noticias

Por terceiro ano, a mellor música tradicional contemporánea que se pode ver en Galicia dun xeito próximo, íntimo e regular regresa a Redondela cunha nova edición deste ciclo musical. Unha cita mensual a partir de xaneiro coas mellores músicas populares galegas e peninsulares nun programa para presentar os traballos de artistas en activo no Auditorio da Xunqueira. O ciclo arrancará o vindeiro 16 de xaneiro cun concerto de Davide Salvado. As seis actuacións previstas serán ás 21:00 horas e as entradas poranse a venda a 5 euros no Multiúsos 30 minutos antes de cada concerto. Reserva no mesmo lugar, ou no teléfono 986 40 28 65, desde o xoves da mesma semana.

A Rede de Músicas Soltas de Redondela son concertos de presentación de discos actuais da música popular galega, e de artistas de fóra de Galiza que virán tocar para o público local que poderá escoitar os novos discos dos artistas galegos Davide Salgado (Lobos) p vindeiro 16 dexeneiro, Lagharteiras (Lagharteiras) o 19 de marzo, Puntada sen fio (A lúa prendeu a luz) o 14 de maio, e de Javier Marcos Quinteto (Ten Dez) o 18 de xuño. As propostas internacionais chegarán da man dos artistas portugueses Toques do Caramulo o 16 de abril e o grupo brasileiro Coladera o 20 de febreiro.
A RMS é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Redondela e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Concertos próximos ao redor da música popular, dos músicos con voz propia, e sos seus universos. Músicas para gozar de corrido: 6 propostas para 6 meses en tempada de inverno e primavera.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará