Os de Fran Teixeira impuxéronse ao Pontevedra e mantéñense en posicións de fase de ascenso, mentres a SAR perdía no pavillón do Luceros, e baixa ata a 11ª praza da Primeira Nacional. Balonmán Primeira Nacional. A competición regresa o 9 de xaneiro co derbi entre os dous equipos locais.
Primeira Nacional
Castro Chapela 29-19 Vitaldent Pontevedra
Os de Teixeira conservan a segunda praza logo da vitoria ante o Vitaldent Pontevedra esta fin de semana. Os de Chapela, superiores ao rival, souberon aproveitar os erros dos pontevedreses e foron ao descanso cun resultado de 14-10. Na segunda metade ampliaron a renda ata gañar cunha marxe de 10 puntos.
Luceros 26-23 SAR Plastic Omnium
A SAR baixou unha posición na táboa, ata a 11ª, logo da derrota na pista do Luceros o último partido do ano. Despois do descanso de Nadal volverán á competición o 9 de xaneiro, co derbi ante o Castro Chapela.