Equipos femininos e masculinos de categorías benxamín, alevín e infantil compiten ata mañá no Pavillón Municipal de Chapela no Memorial Gerardo Méndez, coa participación dos clubs Chapela, Sar, Cangas e Carballal.
O presidente do club de Chapela, Manuel González Soto, salienta que se trata dun torneo “de confraternidade” onde o de menos é o resultado. O importante para o club é lembrar unha figura como a de Gerardo Méndez, tan vencellado ao club e ao balonmán galego en xeral. Nestas vacacións de Nadal os rapaces comparten con este torneo a súa afección ao balonmán “e fan amigos”. Por outra banda o presidente fai un balance positivo do que vai de liga na Primeira Nacional, onde o Construcións Castro Chapela ocupa a segunda praza, en postos de promoción de ascenso. Soto lamenta os puntos perdidos ante rivais “asequibles”, malia que tamén destaca que conseguiron gañar aos equipos máis fortes da liga. Á volta do descanso de Nadal disputarán o derbi coa SAR, un partido que será “difícil” pola motivación engadida que este tipo de encontros implican.