Unha actividade que se vai desenvolver no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas e na que se proxectarán dúas curtametraxes documentais que servirán para dialogar sobre “A emigración económica en Bos Aires nos anos 50”. Participará do acto o presidente da Real Academia Galega (RAG) Xesús Alonso Montero.
O acto arrancará coa proxección de dúas curtas protagonizadas por xente emigrante de Redondela e rodadas nos anos 1949 e 1957.A continuación terá lugar a charla-coloquio conducida por Alonso Montero. Un evento que estará amenizado polos alumnos de violín folk do Cetnro Cultural Chan das Pipas baixo a dirección de Felipe Rodicio.
Os documentos que se poderán ver no acto pertencen á familia Cayetano Martínez e apuntan a que será de especial interese para aquelas persoas maiores de máis de 70 anos “que poderán atopar nestes dous documentais familiares ou compañeiros de infancia”. Figuran persoas de apelido Míguez, Queimaliños, Crespo, Iglesias, Cayetano, Bujones, Amoedo.
Organiza o Concello de Redondela.