Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela debate os orzamentos de 2016 no último pleno do ano

RR_Noticias

 
Ás 20.00 horas desta tarde o Multiusos da Xunqueira acollerá a celebración do último pleno deste 2015 e tamén o máis importante da lexislatura, xa que se debaterán os orzamentos do próximo ano. Un documento económico que recolle un presuposto de 18,5 millóns de euros, o que supón un incremento de 1,2 millóns con respecto ao presentando polos populares hai un ano e no que non se contempla a execución de grandes infraestruturas.

 
Obras en Cidadelle, eliminación de barreiras arquitectónicas, recuperación do antigo cemiterio dos Eidos e a reforma dos mercados tanto de Chapela como de Redondela son algunhas das partidas que se presentan no apartado de investimentos que suma máis de dous millóns de euros e que se recollen nos orzamentos que presentarán os populares esta tarde nunha sesión ordinaria na que procuran o apoio dos grupos da oposición para sacalo adiante. O alcalde e responsable de facenda, Javier Bas aseguraba nestes micrófonos que son unhas contas realistas cunha maior previsión de ingresos “grazas a que se mellorou no cobro dos impostos e as taxas municipais”.
Non se contempla no apartado de investimentos ningunha infraestrutura estrela pero si varias actuacións entre as que destaca a prevista no barrio de Cidadelle en Chapela cun orzamento de 600.000 euros. Outras partidas importantes son os 180.000 euros que se repartirán entre as parroquias a través dos orzamentos participativos, os 140.000 euros que se investirán na reforma do mercado de Redondela (50.000) e Chapela (90.000) ou os 103.000 euros que se destinarán á redacción do PXOM. Contémplase tamén 56.000 euros para a eliminación de barreiras arquitectónicas e 30.000 para recuperar o cemiterio de Os Eidos.Unhas contas que supoñen un incremento notable respecto do documento presentado polo PP hai menos dun ano. Naquela ocasión ascendían os orzamentos a algo máis de 17 millóns mentres que paras o ano 2016 recóllense unha contas de 18,5 millóns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará