Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As vivendas situadas no Camiño de Santiago poden recibir axudas para a súa rehabilitación

RR_Noticias

A Xunta ten aberto o prazo de solicitude cunha partida de 3,2 millóns de euros. En Redondela poden acollerse ás axudas as casas situadas no Camiño de Santiago Portugués situadas en Cedeira, Cesantes, O Viso, Quintela, Redondela, Saxamonde e Vilar de Infesta. Os propietarios poden recibir até o 35% do custe das obras, ata un máximo de 11.000 euros.
 

A subvención publicouse no Diario Oficial de Galicia o pasado 28 de decembro dentroda orde reguladora do programa «Vivendas do Camiño». O programa será xestionado directamente polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), e poden optar a el un total de 107 concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago en Galicia. As axudas poderán concederse ás persoas propietarias únicas de edificios ou vivendas, mentres que as actuacións deberán respectar as normativas vixentes en materia de edificación, accesibilidade, patrimonio cultural e urbanismo. O programa inclúe unha partida de 500.000 euros para a adecuación de casas situadas no rural. De feito, mentres nas zonas urbanas as axudas van destinadas unicamente a vivendas situadas no trazado do Camiño, nas zonas rurais poderán acollerse todas as vivendas incluídos na parroquia pola que pasa a Ruta Xacobea e non exclusivamente polo seu trazado. As axudas inclúen o Camiño Portugués, que atravesa Redondela, e tamén os outros seis: Francés (de Pedrafita do Cebreiro a Santiago); Prata I (da Mezquita ou Verín a Ourense) e Prata II (de Ourense a Santiago); Inglés (desde Ferrol ou A Coruña, a Santiago); Primitivo (desde A Fonsagrada a Melide, que conecta co Francés); Norte (desde Ribadeo a Arzúa, que conecta co Francés); e Fisterra-Muxía (desde a Santiago a Fisterra, con desvío en Muxía). Os interesados en solicitar estas axudas poden informarse no Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará