Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de monitor de tempo libre en Pazos de Borbén

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén pon a disposición dos seus veciños tres novos cursos formativos a través da súa Oficina de Información Xuvenil (OMIX). Trátase dun ciclo de preparación para a obtención do Carné de Manipulador de Alimentos, outro de Monitor de Tempo Libre e un curso básico de carretilleiro. Estas accións formativas están dirixidas a maiores de 16 anos e forman parte do plan municipal para combater o desemprego entre a mocidade do municipio.

O curso de monitor en actividades de Tempo Libre conta coa acreditación oficial da Xunta de Galicia e está orientado á formación de persoas para realizar e dirixir actividades específicas enfocadas á Infancia e a Mocidade, tanto no tempo libre (campamentos, colonias….) como de animación, na natureza etc..
Durante o curso preparatorio para a obtención do Carné de Manipulador de Alimentos abordaranse conceptos como a correcta e hixiénica conservación dos alimentos, as enfermidades de orixe alimentaria, o lavado e desinfección dos utensilios ou o estudo das principais dependencias onde se prepara e sérvense alimentos. O prazo de inscrición permanecerá aberto até completar as prazas dispoñibles.
O ciclo de operador de carretillas elevadoras está totalmente adaptado á norma UNE 58451 e trátase dun dos ciclos formativos máis demandados na comarca xa que esta acreditación é necesaria para traballar en empresas da construción ou para xestionar todo tipo de almacéns.
As prazas para estes cursos adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro do Concello de Pazos de Borbén tendo preferencia os solicitantes que estean empadroados no municipio. Tanto o horario como o lugar das clases determinaranse despois de pechar o prazo de inscrición para facilitar a asistencia de todos os participantes.
Os interesados en recibir máis información ou formalizar a inscrición deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará