O colectivo ven de renovar a a súa xunta directiva sendo elixido para o cargo de presidente Eduardo Rodríguez Loureiro, da Asociación de veciños de San Martiño de Vilar de Infesta. Fernando González Fontán da asociación de Cesantes asume a vicepresidencia mentres que Cándido Vallejo Gómez, da asociación “Eidos” de Quintela convértese no secretario. O cargo de tesoureiro queda en man dun representante da asociación de Chapela, Víctor Manuel Fuentes Viaño. Os demais membros da Comisión Permanente, foron elixidos vogais da Federación.
A nova directiva márcase como obxectivos principais os de dinamizar a Federación asumindo máis traballo, distribuíndo as actividades por áreas e creando foros de encontro, debate e acordó con diversos colectivos. Unha nova Comisión Permanente que asegura nace con “gañas, forza e ilusións renovadas, para superar as adversidades ás que esta entidade se ve emprazada a afrontar na actualidade”.
Na actualidade, son seis as Asociacións de Veciños que integran a Federación: Chapela, Cedeira, Cesantes, a asociación “Eidos” de Quintela, a de San Martiño de Vilar de Infesta e a asociación “Fonte do Allo” de O Viso.