A Asociación de crianza natural Maimiña organiza neste mes de xaneiro un obradoiro para aprender a elaborar gominolas caseiras no que tanto grandes como pequenos
gozarán facendo chuches e bebidas 100% naturais. Impartirase os días 22, 23, 29 e 30 de xaneiro en horario de tarde, de 17:00 a 10:00 horas na Sociedade de Agricultores do Viso.
O obradoiro consistirá nunha clase de dúas horas de práctica, que se impartirá na Sociedade de Agricultores do Viso, no Barrio de Tuimil, e no que as receitas estarán adaptadas ó nivel dos nenos participantes. Faranse 4 grupos de 8 persoas como máximo, e realizaranse os dous últimos venres e sábados do mes de xaneiro en horario de tarde, de 17:00 a 19:00. A inscrición farase por mail (maiminha.asociacion@gmail.com) sendo gratuíta a actividade para os socios mentres que os non socios terán que abonar 20 euros.