O Concello de Redondela convoca unha praza de profesor de piano a tempo parcial para o conservatorio e a escola de música. O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro venres 29 de xaneiro. As bases da convocatoria atópanse no departamento de persoal do concello e os interesados poden consultalas tamén na páxina web do concello. A persoa contratada encargarase de impartir 20 horas semanas e deberá contar co título de profesor de piano grao medio ou o título superior de piano.
Os aspirantes deberán superar diferentes probas para facerse con esta praza que oferta o conservatorio Victor Ureña. Así, ademais dos puntos que poidan obter polo seu currículo académico e a súa experiencia profesional terán que enfrontarse a unha proba práctica que inclúe a interpretación dunha obra libre e unha clase práctica de instrumento na que o candidato deberá impartir unha clase a alumnos dun nivel escollido polo tribunal.