Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aprobará unha moción contra a lei de acuicultura

RR_Noticias

A federación galega de confrarías decidiu nunha asemblea celebrada en Ames dar o paso para convocar unha gran manifestación contra a xestión da Consellería do Mar. O obxecto principal e amosar o seu rexeitamento á lei de acuicultura ademais de apoiar a difícil situación pola que pasan outros sectores como o cerco ou os problemas aos que se enfronta a pesca artesanal para sobrevivir. A data que se manexa para es gran manifestación en Santiago de Compostela sería o 27 de febreiro. Previamente en Redondela aprobarase por unanimidade unha moción en contra do anteproxecto de lei.

As confrarías chegarán a esta mobilización co apoio explícito de numerosos concellos que están a aprobar mocións en contra da lei de acuicultura da Xunta. Un rexeitamento ao que de xeito unánime sumarase este xoves o concello de Redondela, xa que está previsto que nesa xornada se aprobe unha proposta a petición da Confraría para instar á Consellería do Mar á retirada deste Anteproxecto de Lei.
Na moción saliéntase a importancia do sector do mar en Galicia e Redondela “polo emprego directo que xera, representando o 4% da produción total da economía galega que dá traballo, directo ou indirecto, a miles de familias”.
Unha economía que se vería negativamente afectada no caso de aprobarse o anteproxecto de lei de acuicultura no que se inclúe entre outras medidas un Plan de Ordenación da Acuicultura Litoral en Terra, que establece que os propietarios de terras que se neguen a vender serán expropiados a favor das empresas de acuicultura intensiva, o privilexio de eliminar a necesidade de informe previo de incidencia ambiental e a posibilidade de instalar plantas acuícolas en espazos naturais protexidos. Tamén se limitaría a capacidade de actuación dos concello para permitir ou non a implantación de ditas industrias por seren consideradas de incidencia supramunicipal.
Asegurna que de se aprobar como Lei “consolidaríase un trámite lexislativo fraudulento e un engano á cidadanía, aos administrados, e tería como principais prexudicados á toda a xente do mar”.
Unha lei que, segundo denuncian dende o sector “vai privatizar o mar a favor das grandes empresas multinacionais e que está deseñada para implantar a peixicultura intensiva a escala industrial e vai autorizar todo tipo de especies a cultivar, incluso foráneas ou exóticas, que poderían acabar sendo invasoras do medio natural”. Todo isto vai supoñer o esmorecemento das explotacións artesanais ademais de levar aparellado unha contaminación medioambiental das nosas rías.
Motivos que entende máis que suficientes para posicionarse en contra desta nova normativa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará