Logo da derrota en Verín, a preocupación do club son as lesións, que se están a cebar co equipo. Con todo, seguen a un punto do novo líder e non renuncian a nada nesta segunda volta. Para o partido do sábado co Leis, o pechacancelas, suman varias baixas.
A derrota do Campito en Verín fíxolle perder o liderado, que agora ocupa o Cereixa, pero non foi a única mala nova. As lesións no encontro disputado en terras ourensás tamén lle pasan factura ao equipo, e súmanse á baixa de longa duración de Rafa, que ten aínda para uns dous meses. O adestrador, Fran Amoedo, lamenta a mala sorte no inicio desta segunda volta, coa enfermería ateigada. Por iso buscan a posibilidade dun reforzo que lle dea máis garantías. Con todo, no equipo son optimistas, e superado de longo o obxectivo da permanencia “non renuncian a nada”. O equipo de Amoedo e, xunto co Cereixa, o máis forte do grupo, e queren demostrar tamén na segunda volta que teñen opcións de pelexar “por todo”. A seguinte proba será o sábado ante un rival feble, o Leis, pechacancelas do grupo. Pero o técnico non se fía do filial pontevedrés, que conta con xogadores “en crecemento” e xa ten dado a sorpresa nas últimas semanas. A cita será este sábado ás 18.30 horas no pavillón municipal de Chapela.