Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un pleno cargado de comparecencias do alcalde

RR_Noticias

Ata en tres ocasións terá que dar explicacións o alcalde, Javier Bas, no caso de aprobárense as solicitudes de comparecencia presentadas polos grupos da oposición para o pleno que se celebra este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As obras realizadas na rúa Espírito Santo e na estrada de Vilar son algúns dos asuntos sobre os que AER e BNG piden explicacións ao máximo responsable do goberno local.

Bas deberá explicar en que situación se atopan as obras realizadas nas rúas do casco vello de Redondela e que nas últimas semanas están a ser moi criticadas polos veciños da zona ante os anegamentos que se producen nas súas vivendas. Critican tamén que a mellora realizada non se axuste ao proxecto inicial. Unhas queixas que xa se lle trasladaron ao director da obra sen que ata o de agora, segundo explican dende AER, se teñan acometido as melloras necesarias para que non se repita a entrada de auga nas casas. De feito hai un compromiso por parte da empresa para estudar os niveis das rúas e buscar unha solución ao problema da recollida de pluviais. Dende a Agrupación de electores entenden necesario que o alcalde dea explicacións sobre os avances feitos nestas obras e sobre a situación actual sobre a recepción da mesma por parte do concello.
Pero non é esta a única actuación da que terá que falar Javier Bas, xa que dende o Bloque reclaman explicacións sobre a estrada de Vilar e as modificacións que se produciron no proxecto inicial deixando parte da estrada sen arranxar. Explican os nacionalistas que no convenio asinado entre o  concello e a deputación recollíase un investimento de 1,2 millóns de euros para remodelar a estrada de Vilar pero que unha vez rematada a actuación “lonxe de dar resposta tanto as demandas veciñais como ao proxecto inicial non se levou a cabo a mellora de parte da estrada”.
Finalmente AER solicita tamén aclaracións sobre unha oferta de emprego público para cubrir o posto de inspector de policía local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará