O fin da campaña do Nadal marca tamén a evolución do emprego en Redondela e comarca que volven experimentar unha importante suba no número de persoas inscritas nas listas do antigo INEM. Redondela suma 2.483 desempregados, 63 máis que en decembro. Un incremento que confirma a tese dos sindicatos que denuncian a temporalidade estacionalidade do emprego creado. A tendencia a alza é común a toda a comarca.
Como acontece sempre que arranca o ano, o fin dos contratos da campaña de Nadal e os reforzos para os primeiros días de rebaixas tradúcese nunha acusada caída da afiliación á Seguridade Social e a conseguinte perda de postos de traballos. Unha situación común a toda a comunidade que tamén neste mes de xaneiro se constata na nosa comarca.
Así en Redondela foron un total de 63 o número de persoas que se inscribiron nas listas do desemprego, sendo actualmente 2.483 as que se atopan en situación de busca de emprego. A tendencia é a mesma no resto da comarca con 14 desempregados máis en Soutomaior que ten a 812 veciños en paro, 428 so as persoas paradas en pazos de Borbén, 16 máis que no remate do 2015 e un total de 20 novos desempregados inscribíronse tamén nos últimos trinta días en Fornelos de Montes, localidade que rexistra 223 desempregados.