Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bollywood imponse no desfile de Comparsas e o Concello estuda adiar a Queima do meco

RR_Noticias

A Asociación Cultural Cor Café gaña por terceiro ano o concurso organizado polo Concello de Redondela nunha xornada marcada polo mal tempo que, malia todo, non desanimou aos milleiros de veciños que se achegaron ao centro da vila para gozar dun desfile que congregou a máis de mil participantes distribuídos en 18 comparsas. En segundo lugar quedou a comparsa Arte pop de Bembrive con temática Pop Art e a agrupación chegada dende Tomiño “Revolution show” fíxose co terceiro premio emulando unha partida de xadrez. O concello estuda agora trasladar os actos de mañá á fin de semana no caso de que o mal tempo persista.

Polo de agora non hai nada decidido, pero ao longo da mañá teñen previsto concretar se finalmente as actividades programadas para mañá se adían cara fin de semana ou se manteñen no propio martes de entroido. Unha queima do meco cuxa celebración está polo de agora no aire, xa que en caso de chuvia sería moi difícil que se puidera realizar o espectáculo Errante, con saltimbanquis e lume e que quedaría notablemente deslucido. Incluso no caso de chuvias persistentes podería ser que o meco non chegara a arder. De feito, estes días esa figura, que representa o maltrato animal, está completamente cuberta de plástico, para evitar que a auga o empape e dificulte a acción do lume.
De suspenderse esta actividade tamén se trasladaría á fin de semana as propostas orientadas aos nenos, obradoiros e animación musical, que estaban previstas na Alameda de Redondela. No caso de que a Concellería de eventos decida seguir adiante co programa previsto, esas actividades trasladaríanse ao Multiúsos da Xunqueira para evitar que os pequenos estean expostos ás inclemencias meteorolóxicas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará