Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un entroido gris para o fútbol sala local

RR_Noticias

Redondela e Campito non foron quen de sumar ningún punto na súa visita a campo rival. Así o Redondela caía ante a Quinta de Tui por 4-2 e o Lume Bamboo vencía 6-3 ao Campito. Pola súa banda o Arealonga tivo que conformarse cun empate 4-4 nte o Tui Futsal.

Non houbo sorte esta fin de semana no fútbol sala, xa que ningún dos tres equipos que milita na Autonómica Sur logrou facerse coa vitoria nos seus respectivos encontros. O Arealonga foi o mellor parado logo do reparto de puntos no Pavillón de Chapela. Partido contra o Tui Futsal que rematou cun 4-4 no marcador e que deixa ao de Chapela con ánimo para xogar o vindeiro sábado un deses derbis tan emocionantes para os afeccionados a este deporte. Será no Pavillón novo o vindeiro día 13 ás 16:15 cando se enfronten o Redondela e o Arealonga. Tentará ademais o Redondela ofrecer unha vitoria aos seus seareiros logo de caer esta fin de semana ante A Quinta de Tui por 4-2, unha derrota que os relega ao decimo primeiro posto da categoría.
Pola súa banda o Campito segue segundo malia ter perdido o seu partido ante o Lume Bamboo por 6-3. Os de Chapela xogan na casa na próxima semana e reciben aos tudenses de A Quinta. A cita será no pavillón da parroquia o sábado ás 16:30.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará