A goleada sobre o equipo das Pontes foi unha festa para os afeccionados que presenciaron o encontro en Santa Mariña. Un total de sete goles anotaron os redondeláns, dous deles en propia porta, para afianzarse na terceira praza, a un paso dos líderes do campionato, Boiro e Cerceda.
Terceira División
Choco 5-3 As Pontes
O Choco e As Pontes ofreceron onte un recital no campo de Santa Mariña. O equipo local anotou sete dos oito goles do partido, dous deles en propia portería. O visitante deixou os espazos necesarios para a goleada, con protagonismo de Hugo Sanmartín, autor de tres tantos. Adiantouse ó equipo local no terceiro minuto de xogo cun gol de Félix, e Molinos anotaba o empate ao introducir o balón na súa propia portería ós doce minutos de partido. Logo chegou o recital de Hugo Sanmartín que enganchou o esférico dende o pico do área para envialo ó interior da rede de Marcos Souto lambendo a escuadra. Aínda antes do descanso, chegou o segundo gol do dianteiro, que aproveitou un pase de Félix, para poñer o 3-1. Xa no segundo acto Lucas introduciu o balón na súa portería para axustar o partido. Hugo completou o triplete no minuto 52 e asistiu a Silva na seguinte xornada de ataque para o 5-2. Dani Fernández, no tramo final, pechou o partido co 5-3. O Choco consolídase así na terceira praza, a tan só dous puntos dos dous primeiros (Boiro e Cerceda). Precisamente no campo do Boiro xogan os de Marcos Montes a próxima semana.
Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Molinos (Carminati, min. 53), Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober, Comis (Fernando, min. 67), Hugo, Félix, Silva (Ricar, min. 73).
As Pontes: Marcos Souto, Criado, Cabarcos, Jorge López (Mariña, min. 68), Dani Fernández, Adrián Martínez, Óscar Martínez, Juan Pena Bossa, Santi Fernández (Cañizares, min. 45), Antonio Rodríguez, Pablo Domínguez (Sergio Díaz, min. 73).
Goles: 1-0, min. 3: Félix; 1-1, min. 12: Molinos, en propia porta; 2-1, min. 32: Hugo; 3-1, min. 42: Hugo; 3-2, min. 51: Lucas, en propia porta; 4-2, min. 52: Hugo; 5-2, min. 53: Silva; 5-3, min. 87: Dani Fernández.
Árbitro: Óscar López. Amosou cartón amarelo a Silva, Molinos e Alberto polo Choco e a Adrián Martínez polo As Pontes.
Segunda Autonómica
Choco B 5-2 Teis
Contundente vitoria do filial do Choco ante os vigueses. Os goles de Eloy, césar, Julián, Roland e Peña déronlle os tres puntos aos redondeláns. O Choco B é 3º, e a próxima fin de semana protagonizará o derbi da xornada no campo do Chapela.
Miño 1-3 Chapela
Os redondeláns manteñen a oitava praza do grupo logo de impoñerse ao pechacancelas, o Miño.
Terceira Autonómica
Grupo 14 xornada de descanso, o domingo disputarse o derbi comarcal Cesantes- Soutomaior, cos visitantes tres postos por riba dos redondeláns.
Peña Beretes 0-1 Coia
O Beretes Chapela presentou unha defensa ben colocada, pero o Coia gañou pola mínima grazas a un gol de penalti transformado por Crespo. Seguen penúltimos. Na próxima xornada xogan no campo do San Roque.
Cañiza 1-4 Atl Vilar
Os de Vilar manteñen a cuarta praza logo de golear ao Cañiza. E poderían mellorar a súa situación xa que a próxima fin de semana reciben ao pechacancelas, o Castelo.