As persoas interesadas en acceder a este posto de traballo deberán presentar as súas instancias antes do 15 de febreiro no rexistro xeral do concello. A convocatoria, recollida no BOP do pasado xoves día 4, establece que o obxecto da mesma é a selección de persoal laboral interino, mediante concurso oposición, para crear unha bolsa de traballo extraordinaria de técnico/a da muller para os efectos de cubrir dito posto no caso de baixa laboral da persoa que o desempeña. Dáse a circunstancia de que actualmente a persoa encargada desa función está de baixa.
A persoa que desexe concorrer nesta convocatoria deberá estar en posesión dun título de diplomado universitario ou equivalente no eido das ciencias sociais ou xurídicas e acreditar posuír estudos universitarios en materia de xénero e políticas de igualdade, dun mínimo de 40 créditos (400 horas).
As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia cuxo modelo se facilitará no rexistro xeral do concello ou a través da páxina web do concello (www.redondela.gal) e será dirixida ao alcalde, con independencia de que se admitirá calquera outro modelo no que consten os datos do/a solicitante, DNI, domicilio e teléfono de contacto.