Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcos Montes: “O equipo propúxose repetir o éxito do ano pasado e está a conseguilo”

RR_Noticias

Traballo. Esa é a clave dos bos resultados do Choco, terceiro clasificado da Terceira División a tan só dous puntos dos dous primeiros clasificados, Boiro e Cerceda. O adestrador confía nas opcións do seu grupo, e explica que a intensidade coa que adestran cada día é o seu único segredo.

A goleada sobre As Pontes da pasada xornada é reflexo do bo momento que atravesa o equipo, que ofreceu un recital de fútbol en Santa Mariña. Hugo Sanmartín, “pichichi” da categoría, foi un dos grandes protagonistas do partido, logo de anotar o seu segundo “hat-trick” da temporada. Pero Marcos Montes foxe de personalismos. Malia que xunto con Silva forman unha das parellas ofensivas máis determinantes do campionato, o míster salienta o esforzo “de todo o grupo”, xa que sen o traballo de todo o equipo os bos resultados que están a asinar non serían posibles. A pasada temporada acadaron por primeira vez na historia o pase para a fase de ascenso a Segunda B, e este ano están camiño de repetir a fazaña. Só dous puntos os separan dos co co-líderes, Boiro e Cerceda. Precisamente o Campo Municipal de Barraña será o seu próximo destino, un encontro que Montes cualifica como “o máis difícil da temporada”. Na primeira volta os redondeláns gañaron en Santa Mariña cun marcador de 3-2. En terreo boirense será máis difícil, pero o técnico confía nas súas opcións. E o éxito do C.D. Choco non se limita ao equipo de máxima categoría. O filial, da Segunda Autonómica, está entre os candidatos ó ascenso, e nas categorías inferiores a maioría dos conxuntos do club están tamén cun pé no ascenso. Mérito, en gran parte, do traballo da directiva, segundo sinala Montes. Para o técnico, que coordina tamén as categorías interiores, o esforzo do presidente Iván Crespo e todo o seu equipo é “fundamental” para que o club estea no lugar onde está.  

Marcos Montes adestrador do C.D. Choco
Os bos resultados son froito do traballo que fan cada día nos adestramentos.
Un grupo sólido
O técnico resalta o valor do equipo no seu conxunto e evita personalismos.
Boiro – Choco
Os redondeláns xogan o domingo no campo dun dos co-líderes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará