O Concello de Soutomaior organiza un curso oficial de monitores de tempo libre cun total de 350 horas de duración, das cales 200 horas son teóricas e 150 prácticas. Esta titulación oficial da Xunta de Galicia habilita para exercer como monitores de tempo libre a todas aquelas persoas que unha vez inscritas superen as dúas fases das que consta o curso. As persoas interesadas deben inscribirse antes do 18 de febreiro.
A parte teórica impartirase por unha Escola Oficial de Tempo Libre e os contidos das clases estarán relacionados cos ámbitos da psicopedagoxía, pedagoxía do lecer, animación, medioambiente e aire libre, técnicas de animación, saúde, .. etc. O alumnado durante a parte teórica terá a ocasión de realizar prácticas reais organizando unha actividade de lecer para así aprender de primeira man en que consiste esta profesión. Tamén se realizarán saídas de medio ambiente, pernoctas, etc. Cando se remate esta fase o alumnado poderá realizar prácticas nas actividades municipais do Concello ou en outras entidades ou programas previa autorización da Escola.
Os requisitos para participar neste curso son ter máis de 18 anos de idade e estar en posesión da EXB ou ESO. As persoas interesadas débense inscribirse na OMIX do Concello de Soutomaior no Multiúsos de Arcade. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición péchase o vindeiro 18 de febreiro. As fichas de inscrición pódense descargar en: www.soutomaior.com