Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela solicita máis persoal para o xulgado

RR_Noticias

A moción aprobada no pleno co apoio de todos os grupos da oposición e a abstención do PP reclama tamén a creación dun terceiro xulgado no noso concello para evitar a acumulación de escritos e demandas. A proposta chegou ao pleno da man do BNG quen entende que é necesario adoptar este tipo de medidas para evitar que estes xulgados, que atenden a 40.000 habitantes (o partido xudicial inclúe Redondela, Soutomaior, Pazos e Fornelos), cheguen ao colapso.

O edil do BNG, Xoán Carlos González lembrou que as denuncias chegan dende diferentes sindicatos, principalmente a UXT, quen nas últimas semanas denunciaron a situación de colapso que padece este xulgado polo elevado volume de traballo que coincide cun funcionario de baixa dende hai varios meses. Entenden que a solución pasa por dotar de máis persoal estes xulgado así como crear unha terceira unidade xudicial. A edil non adscrita, Raquel Quintáns amosou o seu apoio a proposta e criticou as políticas do PP “que pasan por recortar para logo privatizar”. Dende o PSOE Anabel Rey afirmou que “un de cada tres xulgados galegos soportan máis traballos do que poden asumir, sendo o xulgado número 2 de Redondela o quinto máis saturado de toda a comunidade só por detrás de Viveiro, Vilagarcía, Cangas e Cambados”. Unha situación que se ve agravada nos últimos tempos pola non substitución do persoal de baixa ou de vacacións. A proposta dos nacionalistas foi apoiada tamén por AER pero non polo PP que decidiu absterse malia estar a favor dos acordos recollidos na proposta. Explicaba a edil popular Carmen Amoedo que “unicamente hai unha praza sen cubrir por atoparse o seu titular de baixa, pero o motivo de que esa praza siga baleira responde a que a persoa que o substituíu decidiu cambiar de destino” e engadía que “a noso grupo está de acordo con demandar máis medios para os xulgados pero non podemos votar a favor por entende que non é competencia da Xunta decidir ou non incrementar ese servizo.  De feito, o PP propuña que se modificara a moción e na vez de dirixila ao goberno galego se dirixira a comisión mixta do tribunal superior de xustiza de Galicia por ser quen ten competencias para adoptar este tipo de medidas.  

Xoán Carlos González BNG
Solicita máis perosal e unha terceira unidade xudicial
Raquel Quintans edil non adscrita
Critican que non se garanta unha xustiza áxil
Anabel Rey PSOE
Asegura que Reondela se atopa no ranking dos concellos con máis colapso
Carmen Amoedo PP
Os populares non apoiaron a proposta por entender que no se está a dirixir ao órgano competente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará