Logo de anos de espera, procederase a arranxar unha ponte que dende hai tempo ven sendo motivo de queixa por parte dos seus usuarios, quen denuncian o mal estado no que se atopa así como a ausencia dunha rampla que permita o seu uso por parte de persoas con mobilidade reducida. Dúas cuestións que deberían quedar resoltas coas obras que está previsto se inicien esta mesma semana e cuxo orzamento ascende a 210.000 euros. A pasarela estará pechada ata o verán.
A actuación, encamiñada a arranxar a pasarela sobre as vías do tren que comunica a Alameda de Chapela coa zona do Cubillón, xa fora licitada en marzo do pasado ano pero por un problema administrativo no proceso o inicio das obras demoráronse mais do que sería desexable. Explican dende o goberno local que foron necesarias vairas xestións ante o propio Secretario de Estado Rafael Catalá “insistindo no prioritario desta actuación” para axilizar os trámites que permitirán que a obra estea rematada no verán.
Ademais da súa rehabilitación a actuación prevista inclúe a dotación de ramplas de acceso para persoas con dificultades de mobilidade, a mellora do aparcamento da alameda e do camiño dos Balandros.
Dende o concello solicitan aos veciños comprensión xa que se trata dunhas obras que van xerar molestias e dificultades ao ter que cortar o acceso á pasarela mentres se rehabilita.
O mal estado que presenta este acceso peonil que comunica a Alameda de Chapela co barrio de Cubillón orixinou nos últimos anos numerosas queixas entre os residentes do barrio, sobre todo despois de que se producísense dous accidentes nas escaleiras.