Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castro Chapela mantense firme no liderado

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira impuxéronse ao Lalín cun marcador de 31-21, e manteñen a primeira praza do grupo. Peor sorte correou a SAR Plastic Omnium, que perdía ante a Cañiza por unha estreita marxe de 20-22.

Primeira Nacional Masculina
Castro Chapela 31-21 Lalín
Os de Fran Teixeira foron moi superiores ao Embutidos Lalinenses. A vitoria permítelles tamén afastar máis a un dos posibles candidatos aos dous postos na promoción de ascenso á Divisón de Honra B. O BM. Lalín está agora a seis puntos do Construcións Castro Chapela. No partido do sábado o marcador estivo moi igualado ata os últimos intres da primeira parte, cando os de Teixeira foron ao descanso con 15-12. Na segunda parte o xogo foi un recital dos redondeláns, que só encaixaron nove goles, o que lles permitiu asinar unha ampla vitoria. A próxima fin de semana defenderán o liderado na pista do pechacancelas, o Poio, que aínda non sumou ningún punto nas vinte xornadas de liga disputadas.
SAR Plastic Omnium 20-22 Cañiza
Os homes de Carlos Rey baixaron unha posición, ata a 9ª praza, logo da derrota ante o Saeplast Cañiza. Os visitantes marcharon ao descanso co marcador a favor de 11-13. Os de Carlos Rey conseguiron o empate a 17-17, pero foron incapaces de darlle a volta ao marcador e acabaron perdendo. E a próxima fin de semana teñen unha saída complicada a Vigo, xa que xogarán en Coia contra o Seis do Nadal, outro dos equipos fortes do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará